CINE


UXÍO FUNES, O INVENTOR DA LÚA, DE QUIQUE OTERO



Producido por Saga TV e Control Z, Funes, o inventor da lúa, é unha historia sobre un individuo na que se mesturan o triunfo e a debacle persoal, e unha obra cun formato que inclúe testimonios, animación, dramatizacións con actores amateurs ou a fórmula de metraxe atopado, cunha parte da historia narrada a partir de imáxenes rodadas en Súper 8. “É a historia dn xoven que partiu de Galicia, triunfou aportando un invento clave á NASA para que o home llegara á lúa, pero no puido o non soubo rentabilizar a súa idea e acabou os seus días alcoholizado e vivindo nunha  autocaravana cunha meretriz”, explica Otero mentras traballa na súa sala de montaxe empezando a revisar o material completo.
TODO ES SILENCIO DE JOSÉ LUIS CUERDA
"Todo es silencio" a última colaboración entre Manuel Rivas é  José Luis Cuerda. O director da "La lengua de las mariposas"adaptoou a novela do escritor galego arredor do contrabando e narcotráfico en Galicia. No reparto Juan Diego, Miguel Ángel Silvestre e Quim Gutiérrez. Eu fixen un pequeno papel, Chumbo, un narcotraficante que morre finalmente asasinado.












EL MAGO DE CARLOS REGALADO
Curta de Carlos Regalado sobre a debacle emocional dun mestre. O actor protagonista foi Paco Alvarellos e outros actores: Diana Sieira, Raquel Rodríguez, Xabi Ramilo, Ita García e a colaboración especial de Manuel Lourenzo. A min tocoume una pequeno papel, esta vez facendo unha perxonaxe "normal " cousa que é de agracecer de vez en cando.


XAN DA RAIA DE DAVID RAMOS
O guión da curtametraxe " Xan na raia de auga", de David Ramos Castellano, foi seleccionado como gañador do I Concurso de guión de curtametraxes " Historias trasnfronteirizas", convocado pola Deputación da Coruña e a Cámara Municipal de Viana do Castelo, no marco do proxecto cultural europeo " Culturnova"
 Narra a vida e obra dunha personaxe que cruza o río Miño as xentes dunha beira á outra, levando, mesturando as espericiencias dun lado e outro. A trama comeza cando os portugueses e os galegos, tentan facerlle unha festa e non se poñen dacordo en que lado se vai facer. O meu papel foi precisamente esta personaxe, Xan, experiencia enrriba dunha barca á deriva polo río Miño, menos mal que este non é o meu oficio.  Esta historia non chegou a proxectarse pola falta de interese e seriedade da deputación.

O PEREGRINO, MARCOS GARCÍA Y ALEX MARTÍN
Ademáis, da sección oficial, OFestivaOn celebraba un concurso express de curtametraxes chamado A toda mecha que contaba cos seus propios premios. A porta de Andrés Goteira saiu como claro vencedor ó levarse tres dos premios (Mellor Curta, Mellor Curta en Galego e Mellor Actor para Suso López). El cine no es lo que era de Benito Eiroá levou o premio ó Mellor Guión; Morir de Juli Díaz, o premio á Mellor Dirección de Arte; Inocencia perdida, o premio á Mellor Actriz para Estíbaliz Veiga; e O peregrino de Marcos García, o Premio do  Público.

Miniatura
Actores: Andrea González, Alejandro Guanella e José Léon

SINESTESIA, DE YAGO TORRES
 “Sinestesia, colores para un sueño incumplido”, proxecto de Yago Torres, xunto con Lorena Terrón, que sería a encargada da escenografía e votaría unha man na dirección.  Respecto ás participacións desinteresadas, tamén temos que citar a  José Caamaño, que foi o director de fotografía e operador de cámara…O protagonista foi José León, actor e bailarín que mostrouse disposto a participar neste proxecto desinteresadamente, o que é de agradecer…
                   
       

EL SÍNDROME DEL ESPEJO, DE LORENA TERRÓN
INTÉRPRETES:  José Léon, Silvana Couñago PRODUCIÓN: Yago Torres. CÁMARA: José Caamaño
      Unha produción que toca de cheo unha das enfermedades máis difíciles  para aquel que as sofre: a esquizofrenia; concretamente "o síndrome do espello". O protagonista da historia sofre un fenómeno de despersonalización onde, tanto os procesos psíquicos como a percepción, a memoria ou os sentimentos aparecen como extranos a él mesmo, sendo o seu  corpo e mente a seu propio cárcere. O reparto correu a cargo de José León e Silvana Couñago como papeis protagonistas. O director de fotografía Caamaño Castro , foi o encargado de gravar este curtametraje, facendo un traballo impresionante de fotografía.               
   





TANGO, DE LORENA TERRÓN
INTÉRPRETES: José Léon e Lorena Terrón. POSTPRODUCIÓN: Yago Torres. CÁMARA: José Caamaño
O corto Tango, da directora Lorena Terrón Pérez, obten o primeiro premio, valorado en 1.000 euros, do certamen Socialcine A Coruña 2010. A concellala de Servizoss Sociais, Silvia Longueira, entregou o galardón á premiada e mostrouse moi  satisfeita co feito de que este ano leve o premio unha muller.  Tango ofrece unha visión fiminina sobre o maltrato.


18.1  DE GUTIER ROLÁN
 Dirección:  Gutier Rolán    Ax. Dirección: Lorena Terrón   Guión:  Gutier Rolán
Intérpretes:  Felipe G. Anaya, José M. González, Carolina Piñeiro, Lucía Sánchez
Argumento:  "18.1" é unha historia de suspense con moralexa, e até aquí podemos ler...

                 





No hay comentarios: